O Concello e a ONCE aparcan "ata mellores tempos" o convenio urbanístico do 2009
Por Oskar Viéitez
A situación de crise imposibilita a ONCE para poder cumprir coa súa parte do convenio urbanístico asinado no 2009 co Concello de Pontevedra, polo que ambas as dúas partes acordaron unha addenda para aprazar o desenvolvemento daquel acordo.
O director do Centro de Recursos Educativos (CRE) que a ONCE ten en Pontevedra, José Ángel Abraldes, admitiu que "o convenio é outra das vítimas da crise, desgraciadamente, pero eu creo que co tempo seguro que sairá adiante. Pero hai que superar este momento que tantas ilusións e proxectos truncou".
"O convenio se firmou cando estabamos na época de vacas gordas", engadiu o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, "pero agora hai unha cuestión fundamental que é que a ONCE vive do cupón e non está a ter vos resultados que tiña antes, e o importante e o mantimento dá xente que vive del. Ás cousas de máis envergadura eu entendo que teñan que estar en 'Stand by', nos somos absulamente razoables".
Así, o alcalde recordou que o Concello xa ten en propiedade a residencia e un pavillón polideportivo "os que estamos vendo como sacar a máxima rendabilidade, polo tanto xa fixo un efecto positivo este tema".
Ademais, a ONCE presentará proximamente un proxecto de urbanización dun vial para dar acceso aos seus terreos de Campolongo dende a rúa Luis Braille ata a urbanización de San Blas.
"Tamén hai unha cesión dun terreo para a construción dun centro educativo pero eu entendo que teña que esperar, porque eles cumpliron na súa parte e o convenio está executado na medida que se pode, o resto xa veremos", dixo o alcalde.
"Cando veñan os bos tempos se fará seguro", completou Abraldes.
E engadiu Fernández Lores "peor son outras cousas, tamén estaba previsto facer unha circunvalación, humanizar Monteporreiro, O Castañal, a Carretera de Vilagarcía primeiro teremos que preguntarlle a Xunta porqué non fai nada e logo a entidades que están a facer unha labor social impresionante y que son un exemplo para todo o mundo. Porque a ONCE existe no Estado español e nada máis", concluíu o rexedor.
VISITA INSTITUCIONAL
Miguel Anxo Fernández Lores visitou este mércores, o Centro de Recursos Educativos que a ONCE ten en Pontevedra, acompañado polo seu director, José Ángel Abraldes.
Nesta visita ás instalacións do centro educativo, o Alcalde mantivo un encontro cunha vintena de alumnos cegos procedentes de distintas comunidades de España inician esta semana un curso intensivo de inglés, que durará quince días.
Ademais, Fernández Lores recibiu de mans do director do CRE un exemplar do Libro "Aniversarios de Ilusión", un volume que editou a Organización para conmemorar o 75 aniversario da súa creación e o 25 da súa Fundación.
Durante o verán, entre xullo e setembro un total de 60 nenos e nenas cegos con idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos, realizan cursos intensivos de perfeccionamento de inglés, que imparte profesorado especializado da academia pontevedresa Waterford. Tamén participan en numerosas actividades culturais e lúdicas fóra do horario do curso, para as que se conta coa colaboración da Escola de Tempo Libre Don Bosco de Santiago de Compostela.
A primeira quincena de xullo o CRE acolleu o primeiro dos cursos, con asistencia de 20 nenos con idades comprendidas entre 12 e 14 anos. Este que agora comeza, e abranguerá a segunda quincena de xullo, fórmano alumnos de 15 a 17 anos e, por último, nos primeiros dias de setembro, celebrarase o terceiro curso, con alumnos tamén de 15 a 17 anos. Neste último curso, os alumnos proceden de distintas zonas de España, como nos anteriores, pero tamén participarán cinco alumnos procedentes de Italia e Portugal "o que constitúe para eles unha experiencia extraordinaria", sinalou Abraldes.
Os estudantes destes cursos teñen xornadas diarias divididas entre clases lectivas e actividades varias, como actividades deportivas, reunións musicais, talleres, visitas culturais e excursións.