Afúndese un barco bateeiro que estaba amarrado no porto de Bueu
Por Redacción
O barco mexilloeiro "Nodales" afundiuse na madrugada deste mércores 25 de decembro cando permanecía amarrado no porto de Bueu, segundo informou Salvamento Marítimo.
Na embarcación non había tripulantes.
O buque Irmáns García Nodal, do servizo de Gardacostas de Galicia, atendeu este suceso evitando que o combustible do barco expandísese. Tamén acudiu a embarcación 'Corvo Mariño' da Garda Civil, así como axentes da Policía Local e mexilloeiros da zona.
A Garda Civil informou de que se descarta que houbese "intencionalidade" no afundimento que atribúen a un accidente ao engancharse as defensa do barco coa escaleira do peirao.
Este xoves reflotarase a embarcación.