Xornada solidaria de portas abertas no Parque de bombeiros
Por Diego Torrado
O Parque de Bombeiros de Pontevedra celebrou este domingo unha xornada de portas abertas cunha finalidade solidaria.
Ao longo de toda a mañá atenderon as visitas de todos aqueles cidadáns que quixeron coñecer os seus instalaciones e o día a día do seu traballo a cambio dunha pequena achega para loitar contra a pobreza infantil. Recolleuse roupa, xoguetes e alimentos.
Esta iniciativa desenvólvese en colaboración coa asociación Boa Vida, a Garda Civil, Protección Civil e o Concello de Pontevedra.
Por sétimo ano consecutivo as instalacións dos Bombeiros permaneceron abertas ao público de 10.30 a 14.30 horas.