Sanxenxo proxecta novas actuacións no parque de Punta Vicaño
Por Redacción
A concellería de Medio Ambiente conclúe as obras de mellora do parque de punta Vicaño que se iniciaron en outubro e que contaron cunha subvención de 88.298 euros do Fondo de Compensación Ambiental dependente da Vicepresidencia da Xunta de Galicia.
Desta cantidade uns 48.301 euros destináronse á mellora do carreiro principal do parque e a construción dun estanque con plantas acuáticas que, ademais de embelecer a contorna, fomentase a presenza de paxaros na zona.
O estanque que está no centro do parque será enchido coa auga dun pozo que hai un pouco máis arriba e que seguirá o seu curso aproveitando a pendente xerada por uns chanzos, ata chegar ao propio recinto de 80 metros cadrados.
Outros 39.997 euros utilizáronse para mellorar o carreiro que circunvala a marxe esquerda do parque e a instalación dunha rede eléctrica con luminarias en ambos os camiños. Tamén se instalaron traveseiros de pedra rústica para evitar a descomposición dos camiños e outros se colocaron de forma oblicua para resolver o problema de evacuación de augas.
Con anterioridade fixéronse melloras tanto na zona de xogos infantil como nos aparellos de ximnasia. No primeiro caso melloráronse algúns elementos infantís e colocouse céspede artificial nesta zona e debaixo de cada aparello de ximnasia. Melloras que tiveron un custo de 20.000 euros.
O ano pasado houbo que tallar unhas árbores que creceran demasiado xuntos, estaban enfermos e tiñan unha altura que supoñía un perigo para os usuarios do parque. Gastáronse 15.000 euros na plantación de máis de 80 novas árbores de especies moi variadas, creando dúas zonas diferenciadas.
Unha con arboledo de especies propias de xardinería, como o liquidámbar, ginko e haxas. E outra de bosque máis atlántico, con carballos, castiñeiros e acivros, combinados con especies mediterráneas como aciñeiras e albaricoques.
Recentemente tamén se tiveron que tallar 7 piñeiros polo risco que supoñían para as persoas tal e como recomendara o informe da Estación Fitopatológica de Areeiro. A concellería de Medio Ambiente xa traballa en novas melloras como a plantación de polo menos 10 árbores máis e a instalación de 22 bancos distribuídos nos máis de 22.000 metros cadrados que ten o parque de Punta Vicaño.
Relacionadas:
-
O Parque de Punta Vicaño estrea xogo
Por Redacción |
-
A nova rede con tobogán do parque de Punta Vicaño estará instalado antes de final de ano
Por Redacción |
-
Sanxenxo destina case 45.000 euros a reforzar o firme dun camiño en Dorrón
Por Redacción |
-
Un informe do Areeiro recomenda eliminar sete piñeiros en Punta Vicaño
Por Redacción |
-
As obras no parque de Punta Vicaño avanzan a "bo ritmo"
Por Redacción |
-
Sanxenxo habilita un estanque para atraer aves e anfibios a Punta Vicaño
Por Redacción |