O Pleno de Ponte Caldelas aproba o anteproxecto da Estación Termal
Por Oskar Viéitez
O Pleno da Corporación do Concello de Ponte Caldelas aprobou este martes con dez votos a favor (PSOE e BNG) e tres abstencións (PP) o anteproxecto da Estación Termal de Ponte Caldelas.
O alcalde Andrés Díaz afirmou que o anteproxecto, que tivo que ser modificado por atoparse unha parte do edificio nunha zona de fluxo preferente de río, "permitirá construír un edificio moderno, respectuoso e axustándose á zona urbanizable".
Ademáis Díaz destacou que se crearán cinco postos de traballo directos, pero "o máis interesante é que se vai dinamizar o pobo e crearanse máis postos de traballo na vila, non só nas termas".
Unha vez que se faga a exposición pública dun mes, o Concello está disposto a licitar, "pois temos varias empresas interesadas na explotación deste negocio", avanzou o alcalde.
PLAN ECONÓMICO FINANCIERO
O Pleno de Ponte Caldelas tamén aprobou o Plan de Mobilidade Sustentable e a modificación do Plan Económico Financiero (PEF) 2019-2020, un documento que xa foi consensuado coa Xunta de Galicia e que modifica a declaración de non dispoñibilidade do anterior PEF.
Así, no anterior documento estaban bloqueados máis de un millón de euros, cando a cantidade que tiña que ser declarada como ‘non dispoñible’ era de 166.122,45 euros. O alcalde, Andrés Díaz sinalou que "o importante é que imos rematar o ano cun remanente importante. A oposición ten que ser responsable, non facer demagoxia nin falar sen saber”, indicou Díaz.
Andrés Díaz recoñeceu que "o baile de interventores dos últimos meses " impediu que se fixesen pagos aos proveedores, "un problema que está resolto e xa se están efectuando os pagos polo que nas vindeiras semanas estarán todos efectuados", asegurou.
"Pedimos desculpas a todos os afectados e agradecemos a paciencia pola espera, una cuestión pola que non teñen culpa nen responsabilidade", rematou Díaz.
Relacionadas:
-
Demoler e tratar os residuos de formigón do Balneario suporá un gasto de 700.000 euros
Por Redacción |
-
A estación termal de Ponte Caldelas aspira ás axudas dos ministerios para a Transición Ecolóxica e de Turismo
Por Redacción |
-
O PP denuncia que Andrés Díaz aumentou as facturas sen pagar do Concello de Ponte Caldelas
Por Oskar Viéitez |
-
Ponte Caldelas presume de ser un concello "solvente e estable" e da súa "capacidade de aforro"
Por Oskar Viéitez |