Un home e unha muller pioneiros do fitness feminino e o culturismo: a Bella Otero e Eugene Sandow. As miserias e grandezas dunha galega de transcendencia internacional. A dobre vida dunha estrela do culturismo no século XIX. As implicacións - intencionadas ou non - de Sandow no cinema, a novela ou a monarquía británica... en definitiva, dous anos e medio de traballo do pontevedrés, Tomás Abeigón Costa.
E onde comeza todo?. Na última das investigacións profesionais que realiza este pontevedrés licenciado en INEF e campión de España de Fisicoculturismo. Abeigón estudiaba a biografía de Eugene Sandow - considerado creador do culturismo moderno -, cando se cruzou a valguesa máis cativadora e internacional que deu o municipio: Agustina Otero, posteriormente Carolina e para todos a Bela Otero. A conclusión, ambos foron na Europa de finais do XIX e principios do XX "uns defensores da igualdade na práctica do exercicio físico".
O resultado son os elementos que, xunto á práctica do exercicio físico, converxen neste Cara a cara: miseria, violación, fama, éxito, erotismo, homosexualidade oculta, desamor, despeito, caridade, adicción ao xogo... Un cóctel de alto grao para un guión de cinema.
Os nomes que se entrecruzaron inexorablemente na biografía de Carolina Otero, han absorvido a Abeigón ata o punto que prevé dar continuidade á súa indagación. Ao mesmo tempo, adiántanos en PontevedraViva Radio, exponse que desde a Federación de Fisicoculturistas Amateur réndase un tributo a Sandow e Otero "para deixar constar a súa defensa pola igualdade da muller no deporte" e sáibase que "fai cen anos houbo unha galega que enharboló unha práctica deportiva que era excepcional entre as mulleres".