Que sabemos de… identidade de xénero? Unha charla do CSIC buscará as respostas
Por Redacción
O ciclo de conferencias divulgativas 'Que sabemos de …?' impulsado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) chegará esta semana a Pontevedra cunha charla centrada na identidade de xénero.
Eduardo Pásaro Méndez, catedrático da Universidade da Coruña (UDC), buscará respostas cunha charla prevista para este mércores ás 19.30 horas no Liceo Casino. A entrada será libre ata completar aforo.
O relator é doutor en Bioloxía pola USC e catedrático da UDC e as súas liñas de investigación versan sobre xenética da conduta, xenética molecular e transexualidade.
O ciclo comezou o 25 de setembro en Santiago de Compostela coa conferencia de Eduardo Pardo de Guevara e Valdés. Consta de seis conferencias e tras a de Eduardo Pasaró Méndez continuará con Ricardo Prego Reboredo, quen disertará sobre as terras raras.