Esdemga convida á cidadanía a debutar como modelo
Por Redacción
O desfile Debut celebrará a súa décimo terceira edición o 21 de novembro no Pazo da Cultura e busca persoas voluntarias que fagan posible levar estes deseños á pasarela.
A Escola de Deseño e Moda de Galicia, Esdemga, abre neste mes de outubro o período de inscrición para todos aqueles que queiran colaborar co evento exercendo como modelos. Por primeira vez desfilarán os traballos finais do Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda.
As persoas interesadas en colaborar cun desfile que reúne cada ano máis de 1.500 persoas no Pazo da Cultura poden acudir ao despacho de Esdemga, na Facultade de Belas Artes, entre as 9.30 e as 13.30 horas de luns a venres ou entre ás 16.30 e as 18.30 horas os martes e xoves, así como contactar coa organización a través do enderezo electrónico info.esdemga@uvigo.es.
Trátase dunha colaboración totalmente amateur, para a que cada ano buscan grupos de xente de diversas idades, xa que tanto o número de modelos como os perfís dependen do que requiran as coleccións que finalmente se presenten, segundo explica a directora de Esdemga, Lola Dopico.
Relacionadas:
-
Vinte deseñadores exhibirán as súas coleccións de moda nunha nova edición de Debut
Por Manu Otero |
-
Catro estudantes da Esdemga deseñan unha nova colección para Zara
Por Alejandro Espiño |
-
Alumnas de Esdemga enchen de cor coas súas propostas a Casa Galega da Cultura
Por Redacción |
-
A escola de moda de Pontevedra é única representante española na Graduate Fashion Week
Por Redacción |