Condenado a nove anos por abusar da súa filla entre os 11 e os 14 anos
Por Natalia Puga
Un veciño da Cañiza foi condenado a nove anos de prisión por abusar sexualmente da súa filla, veciña de Pontevedra, cando esta tiña entre 11 e 14 anos.
Segundo a sentenza, cometeu os abusos aproveitando o réxime de visitas de vacacións e fins de semana, xa que os pais estaban separados e a custodia a tiña a nai. A nena vivía coa súa nai e a súa avoa na cidade de Pontevedra e ía ao colexio O Praceres, pero os abusos producíronse na Cañiza.
O tribunal considera probado que lle realizou "tocamentos e caricias coas mans e a boca nos xenitais da súa filla, chegando a introducir, nunha ocasión, un dedo na súa vaxina, a masturbarse na súa presenza e a solicitar á súa filla que o fixese ou que lle fixese unha felación".
Os feitos producíronse entre os anos 2003 e 2006, pero a rapaza non os denunciou ata que tivo noivo, o o trasmitió a el e, a raíz diso, púxoo en coñecemento da súa profesora no colexio Sagrado Corazón de Os Praceres.
O home foi xulgado na Audiencia Provincial de Pontevedra o xoves 27 de setembro e o tribunal acaba de ditar unha sentenza condenatoria contra a que cabe recurso ante o Tribunal Supremo.