O Grove volve ser sede para adestrar 13 militares que realizarán unha nova misión na Antártida
Por Redacción
Trece efectivos do Exército de Terra, que formarán parte da dotación da Base Antártica Española do Exército de Terra (BAE) "Gabriel de Castela" na próxima Campaña Antártica viaxarán a San Vicente do Grove para, durante a semana do 9 ao 13 de setembro, levar a cabo prácticas de navegación, con embarcacións fóra borda no porto de Pedras Negras.
Por quinto ano, os militares escollen o municipio do Grove para desenvolver estas prácticas atendendo ás posibilidades que lles presentan as características da costa das Rías Baixas para practicar estas accións.
Na 33 edición da Campaña á Antártida, a máis antiga que organiza o Ministerio de Defensa, en colaboración co Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, os militares partirán cara ao continente xeado no verán austral e alí terán que enfrontarse a sensacións térmica de ata 25 graos baixo cero, ventos que alcanza os 120 quilómetros por hora ou aos riscos da convivencia cun volcán que se atopa activo.
O destino será a BAE "Gabriel de Castela", que se atopa na Illa Decepción, no arquipélago das illas Shetland do Sur, a apenas 100 quilómetros ao norte do continente antártico e a máis de mil da costa suramericana.
As embarcacións pneumáticas que utilizarán durante o adestramento no Grove serán do mesmo estilo que as necesarias para navegar nas frías augas polares.
Relacionadas:
-
O Exército de Terra volve adestrarse no Grove para a súa Campaña Antártica
Por Redacción |
-
RADIO.- "O que se fai medioambientalmente en Pontevedra tamén afecta á Antártida"
Por Marisa Ciordia |
-
O Grove volve acoller a militares do Exército que se preparan para unha nova campaña na Antártida
Por Redacción |
-
RADIO.- Comandante Valentín Benéitez desde a Antártida: "hai evidencias dun quecemento global"
Por Marisa Ciordia |