O alcalde de Bueu, cos veciños de Ons na súa loita contra a candidatura da illa a Patrimonio da Humanidade
Por Redacción
Os vogais dos grupos municipais da corporación de Bueu reuníronse para debater sobre diversos asuntos de fronte ao comezo do curso político.
O tema central foi o a proposta dos veciños de Ons na que solicitan a retirada do apoio da corporación á declaración da illa como Patrimonio da Humanidade. O alcalde, Félix Juncal, adiantou ao final da reunión que apoiarán o escrito da asociación mentres non se respecten os dereitos e reivindicacións da veciñanza.
Outro dos temas que se trataron foi o da convocatoria da mesa de negociación sobre a Mesa Local de Sanidade e a Banda do Rio.
Na de sanidade haberá representación por parte dos catro grupos da corporación, do centro de saúde, a Concellería de Sanidade e a Plataforma de Sanidade e, na segunda, os representantes políticos e a plataforma de veciños e da asociación veciñal expoñerán as súas posturas para a mellora integral do barrio, proceso que xa se iniciou no anterior mandato.
Pola súa banda, o vicealcalde Julio Villanueva presentou as alegacións da cidadanía ao borrador do Regulamento de Participación Cidadá, que estivo a exposición pública o pasado mes de agosto.
Por último, acordáronse os festivos locais para o ano 2020, quedando o 16 de xullo (festividade do Carme) e o 11 de novembro (día de San Martiño).
Relacionadas:
-
Bueu demanda unha lei que recoñeza a propiedade veciñal das vivendas de Ons
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta ofrece rebaixar o cupo de visitantes para garantir o acceso aos veciños de Ons
Por Oskar Viéitez |
-
A conselleira de Medio Ambiente comparecerá a petición propia no Parlamento para falar dos accesos á Illa de Ons
Por Redacción |
-
A Valedora do Pobo admite a trámite unha queixa de Bueu sobre o libre acceso á Illa de Ons
Por Redacción |
-
Os veciños de Ons e Abel Caballero, fronte común contra a candidatura da illa a Patrimonio da Humanidade
Por Redacción |
-
Ana Pontón acusa a Xunta de discriminar a veciñanza de Ons no acceso á Illa
Por Redacción |
-
Dispoñibles máis 3.000 prazas para acceder a Ons nas Festas de San Xaquín
Por Oskar Viéitez |
-
Cada 'colono' de Ons terá seis pases diarios para familiares ou amigos
Por Redacción |
-
Todos os partidos políticos de Bueu secundan unha moción para reivindicar o libre acceso da veciñanza á Illa de Ons
Por Redacción |