Un accidente de tráfico con dous feridos en Areas complica o regreso das praias
Por Redacción
Un aparatoso choque frontal entre dous vehículos saldouse con dúas persoas feridas e importantes retencións de tráfico na estrada PO-308.
O accidente tivo lugar ás 16:30 horas da tarde á altura da praia de Areas, dificultando o regreso dende o areal sanxenxino ao manter cortado un carril de circulación durante dúas horas, ata as 18:30.
Ao lugar do suceso acudiron efecitivos do 061, Garda Civil de Tráfico e Emerxenxias de Sanxenxo. Estes últimos informaron que os dous feridos tiveron que ser trasladados a un centro hospitalario aínda que o seu prognóstico é leve.