Cen veciños de Cuntis coñecen a localidade asturiana de Taramundi
Por Redacción
Un grupo de cen veciños de Cuntis visitou este venres a localidade asturiana de Taramundi dentro do programa de excursións que desenvolve durante todo o ano o departamento municipal de Cultura e Turismo.
Este programa, que ten gran aceptación entre os veciños da localidade, intensifícase durante o verán con dúas viaxes por mes a distintos lugares da xeografía galega e tamén doutros puntos fóra da comunidade e Portugal.
Nesta ocasión, visitaron o Museo dos Muíños de Mazonovo, o Museo da Cuchillería, A Queixería, o Conxunto Etnográfico de Teixois e o Castro de Taramundi.
Segundo informou o Concello, na visita estiveron acompañados polo alcalde, Manuel Campos, e os responsables locais de Servizos Sociais e Cultura e Deportes.