Un español, un francés e un portugués detidos por forzar máquinas de vending
Por Oskar Viéitez
Este mércores día 14 de agosto sobre as 15:30 horas a Policía Local de Poio detivo a tres homes por un roubo con forza nas máquinas de vending na rúa Avenida de Porteliña.
Segundo informaron fontes oficiais da Xefatura da Policía Local, estes tres individuos forzaron as máquinas e levaron a recadación. Una vez mais gracias a colaboración cidadá os axentes foron alertados do roubo, facilitando a descripción dos tres varóns.
Nun operativo de búsqueda a Policía Local de Poio deu con eles na rúa Antelo e Mariño, coincidindo plenamente coa descripción facilitada. Os identificados son un español, un francés e un portugués. Acto seguido foron detidos e informados dos seus dereitos.
Nas pesquisas os axentes souberon que na noite anterior, houbo outro roubo con forza na Avenida de Vigo en Pontevedra e resultaron ser os mesmos autores. Tamén se investiga se teñen relación con dous roubos mais en establecementos de vending na capital, na Rúa Alfonso XIII e outro na rúa Echegaray.
En total poderían estar implicados en catro roubos con forza, un en Poio polo que foron detidos e tres en Pontevedra.