A Deputación desconfía das cifras de turismo da Xunta: "eses datos nin me cadran nin os miro na rúa"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, Carmela Silva, puxo en dúbida este venres os datos sobre turismo que a Xunta de Galicia difundiu este xoves. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez. deu a coñecer nun acto en Sanxenxo que no total de Galicia o turismo bateu récords na primeira metade do ano, pero que Pontevedra é a cidade galega na que máis baixou o número de visitantes, un 4,9%. Con todo, a responsable provincial considera que a situación é totalmente contraria.
"Espero que non quixeran dar imaxe negativa dá provincia", sostivo Carmela Silva en rolda de prensa. A preguntas dos xornalistas defendeu que os datos que achegou a Xunta contradinse cos feitos púbilcos por Turismo Rías Baixas e facilitados periodicamente pola Deputación.
Ademais, insistiu en que as cifras da institución provincial son resultado do contacto con todos os establecementos que realiza unha empresa externa, mentres que os da administración autonómica proceden dunha enquisa telefónica na que descoñece a cantas persoas chamaron. Fronte a esta afirmación da presidenta provincial, cabe reseñar que os datos facilitados pola Xunta de Galicia este xoves son extraidos das cifras oficiais do Instituto Nacional de Estatística (INE).
Silva afirmou "contundentemente" que a provincia de Pontevedra está a ter "resultados espectaculares" en materia turística, tanto no primeiro semestre do ano -do que xa facilitou datos- como no que vai de verán. E engadiu, en resposta a ese suposto descenso, que " eses datos nin me cadran nin os miro na rúa".
Na súa opinión, "só hai que mirar para as rúas" de cidades como Vigo e Pontevedra para velas cheas e comprobar que os hoteis, restaurantes e todos os puntos de interese turístico énchense cos turistas.
A responsable provincial insistiu en que Pontevedra recibe o 34% do turismo da comunidade e mostrouse "orgullosa" e "agradecida" ao sector turístico e hostaleiro, que traballan comprometidos coa mellora do servizo e axudan a que o visitante constate que "as Rías Baixas son un paraíso".
Ademais, mostrouse sorprendida do interese da Xunta polos datos turísticos de Pontevedra. "A Xunta de Galicia facía poucas roldas de prensa na provincia para falar de turismo, pero, como nos copian todo...", interpretou, para pasar a enumerar iniciativas da Deputación Provincial que considera que a administración autonómica copiou como as campañas de concienciación contra as agresións sexuais, o proxecto Galicia Fest -que ve inspirado no Rías Baixas Fest- ou actividades enfocadas na sustentabilidade.
Relacionadas:
-
A Xunta exixe á presidenta da Deputación "que cese na súa estratexia de caos"
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva asegura que "o señor conselleiro mentiu" cos datos de turismo da cidade de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo atópase en cifras de récord de ocupación hostaleira
Por Redacción |
-
O turismo galego "medra en cantidade, pero sobre todo en calidade"
Por Redacción |
-
Pontevedra pecha o mes de xullo cunha ocupación hostaleira do 70,4%
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra prepárase para un novo subidón de turistas
Por Manu Otero |