Longas colas para asistir á conferencia do enxeñeiro da NASA, Fernando Abilleira
Por Mónica Patxot
Case unha hora antes de que o enxeñeiro da NASA Fernando Abilleira pronunciase a súa conferencia centos de persoas facían cola ante o Teatro Principal.
O actual director de Deseño de Misión e Navegación do proxecto Mars 2020 encheu o aforo coma se tratásese dunha estrela do rock.
Os asistentes puideron coñecer os detalles da misión InSight para estudar en profundidade o interior do planeta Marte, e da que Abilleira foi o subdirector de Operacións de Voo do vehículo que aterrou no planeta vermello.
Igualmente desvelou algunhas novidades sobre a misión Mars 2020 que buscará evidencias de vida microscópica. Para conseguir esas mostras enviarase un robot a Marte, e mediante navegación óptica dirixirase a un cráter onde se pensa que había unha desembocadura dun río e onde poida que exista material orgánico.
Fernando Abilleira tamén puxo exemplos de como o investimento nestes proxectos científicos axudan a mellorar o noso día a día, demostrando que o diñeiro investido no espazo repercute positivamente na Terra.
Relacionadas:
-
De Sanxenxo ao planeta vermello, guiados por Fernando Abilleira
Por Redacción |
-
Pontevedra recibe a moeda conmemorativa da recente 'Misión a Marte'
Por Redacción |
-
A chegada do Perseverance a Marte, todo un éxito con 'selo pontevedrés'
Por Alejandro Espiño |
-
Fernando Abilleira, o 'pontevedrés' na NASA: A misión espacial ten un "futuro brillante"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Nasa, aquí Sanxenxo, me escoitas?
Por Redacción |
-
Marte e Pontevedra, máis preto que nunca grazas o enxeñeiro da NASA Fernando Abilleira
Por Redacción |