Uns turistas confunden un alga cun cadáver e alertan á Garda Civil
Por Oskar Viéitez
A patrulleira Río Guadalope do Servizo Marítimo da Garda Civil atendeu na tarde unha curiosa alerta.
Segundo informaron fontes oficiais do Instituto Armado, os tripulantes dun veleiro avisaron do avistamento dun vulto sospeitoso que parecía o cadáver dunha persoa.
O suposto corpo foi localizado durante a súa travesía entre Sanxenxo e a illa de Ons.
Ao chegar ao lugar os axentes da Garda Civil descubriron que se trataba dun alga de gran tamaño. Falsa alarma.