Comezo inminente das obras de rehabilitación integral do IES Ramón Cabanillas
Por Redacción
O concelleiro de Obras e Servizos do Concello de Cambados Samuel Lago informou á conselleira de Educación Carmen Pomar, que o concello xa dispón de todos os informes técnicos necesarios e que a partir do luns xa será outorgada a licenza para que comecen os traballos de rehabilitación do IES Ramón Cabanillas.
Samuel Lago confirmou que se estivo pendente en todo momento de cumprir coa esixencias legais, entre as cales estaban as taxas que a Xunta de Galicia tiñan que abonar para a concesión da devandita licenza, algo que trastornou os plans xa que a Xunta non daba realizado o ingreso, e unha vez que realizou a transferencia os técnicos municipales informaron favorablemente "e por ese motivo podemos garantir que a principios da semana que vén xa estará concedida a licencia pertinente", confirmou.
Esta obra inclúe un novo sistema de caldeiras de biomasa de alta eficiencia, a renovación das cubertas, o illamento da fachada polo exterior, novas fiestras e luminarias de alta eficiencia. Tamén esta prevista a colocación de falso teito na planta baixa e o pintado das paredes que se atopen en mal estado.
Samuel Lago tamén pedíulle á consellería a implantación dun comedor no colexio de San Tomé, onde xa hai un acordo previo polo cal o concello ten que achegar o 50% do valor da obra.