Dous mozos, investigados polo furto de xogos da Play Station no centro comercial A Barca
Por Redacción
Vixiantes de seguridade do centro comercial A Barca detectaban ao redor das 13.00 horas deste luns 29 a dous mozos que furtaran varios xogos da consola Play Station 4, entre outros obxectos, nun establecemento deste espazo comercial.
Os mozos empregaron unha bolsa de aluminio na que gardaron os obxectos sustraidos para evitar que saltase a alarma do arco de seguridade. Ademais dos xogos da PS4 tamén pretendían levar cinco paquetes de café e varios produtos de chocolate.
Axentes da Policía Local de Poio acudíronse no establecemento para investigar aos presuntos autores, que terán que presentarse nos próximos días no xulgado para someterse a un xuízo rápido por un delito de furto.