Comerciantes e hosteleiros de Poio piden máis prazas de aparcamento
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Plataforma de Afectados de San Salvador co apoio de comerciantes da Barca, Andurique, Valiña, Porteliña, Anafáns e Viñas emitiron un comunicado no que esixen máis prazas de aparcamento en toda a parroquia de San Salvador de Poio.
Estes colectivos reclaman máis estacionamentos para residentes, para turistas e para compradores. Afirman que na parroquia máis poboada de Poio, ao redor de 7.000 habitantes, existe unha notable carencia de prazas para aparcar, segundo indica a portavoz Montse Vaqueiro.
Propoñen a compra ou aluguer de terreos para que se poidan crear zonas de aparcamento e piden ao goberno tripartito de Poio que non supriman máis prazas. Sinalan que están a comprobar "grandes perdas económicas" nos establecementos locais derivadas desa escaseza de lugares onde deixar os turismos.
Desde a Plataforma de Afectados iniciaron unha recollida de firmas para reclamar solucións ao goberno local e non descartan o inicio de protestas e mobilizacións na rúa e ante o Concello.