Sábado cargado de actividades lúdicas en Marín
Por Redacción
Este sábado Marín contará cunha ampla programación de actividades lúdicas. Celébrase o 25 aniversario da Festa da Cigala con recepción das confrarías a partir das 11.30 horas na praza do Concello. Ás 12.30, o palco da música será escenario do pregón.
Durante a tarde, a partir das 17.00 horas, vai celebrarse o campionanto de petanca nas pistas da praza de España. Ás 20.30 horas terá lugar o XXIII Festival Folclórico Airiños de San Xulián coa participación de Os Carrapucheiros da A.C. O Fiadeiro de Vigo, Rancho Folclórico de Vila Verde de Portugal e a agrupación Airiños de San Xulián.
Ás 21.00 horas, a Finca de Briz centrará a atención dos amantes da música co Festival de Bandas do Morrazo, organizado por Musimarín.
E a celebración desta xornada festiva rematará a partir das 22.30 horas no Parque Eguren, con Marín Vivo e a actuación dos artistas Cooper e Anni B Sweet.