Denuncian unha empresa de transporte por levar persoas en cadeira de rodas sen medidas de seguridade
Por Redacción
A Policía Local de Pontevedra detectou un vehículo de transporte colectivo de pasaxeiros que circulaba pola cidade levando a bordo persoas en cadeira de rodas sen as correspondentes medidas de seguridade.
A infracción detectouse nun control rutineiro e formulouse unha denuncia contra a empresa de transporte colectivo de pasaxeiros por falta de medidas de seguridade, pois o citado vehículo carecía dos elementos de seguridade obrigatorios para evitar que os pasaxeiros en cadeira de rodas sufran lesións en caso de accidentes.
A Policía Local lembra que do mesmo xeito que todos os ocupantes deben de levar posto o cinto de seguridade, para aqueles que pola súa mobilidade non poidan ocupar un asento e se vexan obrigados a circular coa súa cadeira de rodas, a normativa esixe que os vehículos dispoñan de elementos de suxeición.
Así, por normativa, cada espazo para cadeira de rodas debe estar equipado cun sistema de retención con capacidade para frear a cadeira de rodas e ao usuario.
Os espazos para cadeiras de rodas teñen que estar provistos dun sistema de retención da cadeira de rodas adecuado para as cadeiras de rodas en xeral que permita transportar a cadeira e ao usuario desta mirando cara á parte dianteira do vehículo.
Os espazos para cadeiras de rodas tambén deben estar provistos dun sistema de retención do usuario que inclúa, polo menos, dous puntos de ancoraxe e un dispositivo de retención da pelvis (cinto abdominal) deseñado e fabricado con compoñentes cuxo comportamento sexa similar ao dos cintos de seguridade conformes ao Regulamento Europeo.
Relacionadas:
-
Denuncian un turista andaluz por aparcamento fraudulento en prazas para persoas con discapacidade
Por Natalia Puga |
-
'Cazan' unha moza sen problemas de mobilidade aparcando en prazas de discapacitados para ir o ximnasio
Por Redacción |
-
Denunciado por aparcar nunha praza reservada para discapacitados usando a copia dun cartón que atopou nun coche
Por Natalia Puga |