A organización de Maestral busca persoal para o desenvolvemento dos concertos de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez
A organización de Maestral comezou xa a buscar o persoal necesario para o desenvolvemento dos concertos. Electricistas, riggers, azafatos, camareiros, persoal de carga e descarga, entre outros.
A convocatoria fíxose a través do portal de emprego do Concello de Sanxenxo, e os curriculums dos candidatos xa están a chegar ao correo indicado.
Será a empresa Trosma quen realice a selección, como parte do equipo, e encargada do persoal en varias áreas do evento.
Coa incorporación da Noche Sabinera son xa 15 as galas anunciadas en Maestral para este mes de agosto: 3 de agosto- Aitana; 4 de agosto- Hombres G; 9 de agosto- David Rees; 12 de agosto- Noche Sabinera; 13 de agosto- Black Light Gospel Choir; 14 de agosto- #1980… (Javier Gurruchaga-Orquesta Mondragón-, Santi Santos –Los Limones-, Nacho Gª Vega –Nacha Pop-, Miguel Costas –Siniestro Total- y Carlos Segarra –Los Rebeldes- acompañados de los ferrolanos Nuevo Plan); 15 de agosto- Roi Méndez; 16 de agosto- Raimundo Amador; 17 de agosto- Salvador Sobral; 18 de agosto- Luar na Lubre&Track Dogs; 19 de agosto- Alfred García; 20 de agosto- God Save The Queen; 21 de agosto- Pablo López; 22 de agosto- Pastora Soler; 23 de agosto- Vanesa Martín.
Relacionadas:
-
Rulo y La Contrabanda, nova confirmación do Maestral Music Festival de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Salvador Sobral actuará no Maestral Music Festival de Sanxenxo o 17 de agosto
Por Alejandro Espiño |
-
Roi Méndez (OT) tamén se suma ao cartel do Maestral Music Festival de Sanxenxo
Por Alejandro Espiño |
-
A 'resurrección' de Hombres G, nova confirmación para o Maestral Music Festival
Por Redacción |
-
O Maestral Music Festival mira de novo a OT: Aitana actuará en Sanxenxo o 3 de agosto
Por Alejandro Espiño |