Adeus ao meigallo
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
Noite de San Xoán, meiga e tranquila. Sen incidentes reseñables.
Centos de fogueiras prenderon esta noite quentando así un verán que empezou fresquito pero que pronto elevará as súas temperaturas ante unha onda de calor anunciada para esta mesma semana
Lapas purificadoras, máxicas, festivas. Medio milleiro de fogueiras autorizadas celebraron a noite de San Xoán na comarca de Pontevedra.
Entre as máis populares destacaron pola súa orixinalidade os "foleóns" da parroquia marinense de Cantoarea.
E este ano, máis que outras veces, moitas follas de apuntamentos queimáronse nas brasas. Algúns opositores lanzaron cadernos con anotacións froito do traballo destes meses de peche.
Por certo que o lume aumentou a calor dunha noite sen vento nin choiva.
A gran sardiñada popular da Seca e as fogueiras volveron a reunir a miles de persoas en Poio.
As sardiñas, as raíñas da noite, empezáronse a asar pola tarde. Foron unhas grellas de calidade nas que sobresaía unha excelente materia prima. Do xeito, frescas, ningunha mazada, "jugosita".