As praias de Bueu estarán vixiadas este verán por trece socorristas
Por Redacción
Bueu contratará trece socorristas acuáticos para o servizo de salvamento nas catro praias con bandeira azul durante a tempada estival. Haberá, polo tanto, vixilancia nos areais de Lapamán, Portomaior, Area de Bon e Lagos.
As persoas interesadas terán que estar inscritas no servizo público de emprego de Galicia como demandantes non ocupados e dispoñibles para o emprego, xa que este servizo fará a preselección.
Unha vez pasado este primeiro filtro, os candidatos e candidatas enfrontaranse a dúas probas.
A primeira, de carácter obrigatorio e eliminatoria, consistirá na realización dun exercicio de aptitude física a fin de comprobar a existencia da capacidade necesaria para as funcións que van desenvolver; e a segunda, será un cuestionario tipo test de vinte preguntas teóricas, tamén obrigatoria e eliminatoria.
O contrato será dun máximo de 3 meses e 37,5 horas semanais e as funcións que deberán levar a cabo serán as de prevención de accidentes ou situacións de emerxencias, o rescate de persoas e o control da súa seguridade nas praias do municipio.
Este servizo está financiado con cargo a unha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que o organismo autonómico achegará 25.600 euros e o Concello, 43.017,65 euros.
Relacionadas:
-
Douscentos socorristas vixiarán as praias da ría de Pontevedra este verán
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
A praia da Banda do Río volve a ser apta para o baño
Por Redacción |
-
Os socorristas regresarán á praia fluvial do Lérez o 1 de xullo
Por Alejandro Espiño |
-
Sanxenxo repite un verán máis como o concello español con máis bandeiras azuis
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O acceso a Area de Bon xa conta cunha senda peonil e sen aparcadoiro de vehículos preto da praia
Por Redacción |