A Audiencia condena a dous acusados de recibir un paquete con droga por unha empresa de mensaxería
Por Oskar Viéitez
A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou como autores dun delito contra a saúde pública aos dous acusados de idear un plan para recibir nunha vivenda de Ponteareas un paquete procedente de Paraguai que contiña cocaína.
O envío, segundo indica o tribunal, foi interceptado en Alemaña, desde onde se alertou ás autoridades españolas. O 20 de xullo de 2017 un axente de Vixilancia Aduaneira, vestido como empregado dunha empresa de mensaxería, entregou o paquete á imputada. No seu interior había uns arquivadores, en cuxas tapas se ocultaba cocaína valorada en 17.750 euros.
Os maxistrados impuxéronlle ao acusado tres anos de cárcere e o abono de 17.750 euros.
Neste caso tiveron en conta as atenuantes de confesión e drogadicción e acordaron a suspensión da pena durante catro anos coa condición de que nese prazo non delinca e que se someta a un tratamento de deshabituación das drogas.
Á sospeitosa condenárona a catro anos de cárcere e ao abono dunha multa de 20.000 euros.