Cambian os ineficientes farois da rúa Lameira
Por Redacción
O Concello de Marín está a executar as obras do proxecto de renovación da iluminación na rúa Lameira.
Cos criterios de eficiencia enerxética que se foron empregando noutras zonas, preténdese mellorar os báculos pintándoos de novo, que estaban xa deteriorados, e en canto ás luminarias cambialas por unhas máis eficientes e que teñan un reflexo no aforro enerxético.
Está a procederse estes días a través da empresa adxudicataria do contrato AOPIL e realízase grazas a subvencións.
Esta obra supoñerá unha importante mellora nesta zona tan transitada.