A Garda Civil e o Tenorio FS golean á violencia de xénero
Por Redacción & Diego Torrado
O pavillón de deportes de Tenorio encheuse de reivindicación e de conciencia social este sábado. O motivo: o partido de fútbol sala feminino disputado entre un equipo composto por mulleres axentes da Garda Civil e o club local Tenorio FS feminino. As xogadores saltaron ao terreo de xogo dispostas a golear ás adversarias, pero, sobre todo, para reivindicar a igualdade real entre mulleres e homes e loitar contra a violencia de xénero.
O partido, que encheu as bancadas do pavillón, foi un dos actos centrais da programación da Garda Civil de Pontevedra para conmemorar o 175 aniversario do Corpo. Trátase da primeira vez que un equipo feminino da Benemérita disputa un partido de fútbol destas características en toda Galicia.
O encontro tamén tiña fins sociais e pedíase a cada unha das persoas que acudía a gozar dunha tarde de fútbol sala que levara comida que logo se entregaría, a través do colectivo Somos Ponte Caldelas, a personas necesitadas. Tamén esta finalidade se cumpriu con creces, pois recadáronse 100 quilos de alimentos non perecedoiros.
A finalidade última do partido en pro da igualdade fai que o resultado fora o de menos e non sexa necesario botar unha ollada ao marcador para saber que foi un éxito. En todo caso, para o interesados en saber como quedou: gañou o Tenorio FS.
Relacionadas:
-
Garda Civil vs servizos de Emerxencias: marque quen marque, gaña a loita contra o cancro
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
175 anos de historia, toda unha vida de servizo á cidadanía
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Garda Civil réndelle homenaxe aos seus veteranos, os cimentos da institución
Por Redacción & Nacho Fuentes |
-
Os gardas civís peregrinan a Santiago para celebrar o seu 175 aniversario
Por Redacción |
-
A Garda Civil e o Tenorio FS disputan o sábado un partido pioneiro pola igualdade
Por Redacción |
-
A Garda Civil programa actos conmemorativos do 175 aniversario da súa fundación
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |