Gonzalo Pita presenta a candidatura de SAL, un partido "libre, humilde e sen ataduras"
Por Redacción
Sanxenxo Agrupación Liberal (SAL) presentou esta fin de semana a candidatura coa que acudirá ás eleccións municipais do próximo mes de maio, unha lista encabezada polo ex alcalde Gonzalo Pita e da que destacan que mestura experiencia e mocidade.
Gonzalo Pita destaca que desde o seu partido "sempre mantivemos a mesma mensaxe que non é outra que poñer o interese xeral por riba de calquera sigla política" e que a Sanxenxo lle vai moito mellor dende a chegada de SAL.
Do seu partido destaca que é "libre, humilde e sen ataduras" e que "cumpre ou impón cumprir o seu programa" e saca peito dos logros dos últimos catro anos, nos que estivo primeiro como alcalde e logo como tenente de alcalde de Telmo Martín (PP).
"O Concello atópase actualmente a un abismo de como o atopamos no 2015", asegura. E explica que nestes catro anos "tomamos decisións difíciles e os veciños saíron gañando". Presume de ter baixado a débeda máis dun 60% e de baixar os impostos e destaca que co seu "sacrificio de ceder a alcaldía" estanse a executar demandas que levaban aparcadas moitos anos.
Os postos de inicio da lista estarán compostos por Daniel Fernández, con experiencia nas concellerías de urbanismo e infraestruturas; e Jesús Sueiro, con experiencia na dirección das concellerías de festas, deportes e turismo. Ademáis, repiten na lista de candidatura Carmen Barral, Yago Torres, José Luis Rey, Saúl Torrel, María Carmen Balado, María José Bouzada e Francisco Villaverde.
Tamén hai moitas caras novas coa chegada de Isabel Gonzalo (avogada), Ana Vizoso (empresaria), José Luis Prieto (xubilado), María Margarita Puime (empresaria), Lucía Otero (estudante de fisioterapia), Milagros Gondar (ama de casa), Fernando M. González (estudante de Ciencias Políticas), María Luz Esperón (mariscadora), Daniel López (empregado de hostalaría) e Nerea Aragunde (estudante de Xornalismo).
A lista de SAL quedará configurada así:
- Gonzalo Gonzalo Pita
- Daniel Fernández Piñeiro (Portonovo)
- Jesús Joaquín Sueiro Méndez (Sanxenxo)
- Isabel Gonzalo Pita (Vilalonga)
- Ana Vizoso Piñeiro (Noalla)
- María Carmen Barral Novoa (Dorrón)
- José Luis Prieto Castro (Nantes)
- Yago Torres Pérez (Vilalonga)
- María Margarita Puime Lorenzo (Portonovo)
- Lucía Otero Torres (Gondar)
- María Carmen Balado Lamas (Noalla)
- Saúl Torres Fernández (Vilalonga)
- Milagros Gondar Galiñanes (Portonovo)
- Fernando Manuel González Piñeiro (Noalla)
- José Luis Rey Vidal (Gondar)
- María Luz Esperón Vidal (A Revolta)
- Francisco Villaverde Otero (Dorrón)
- Daniel López (Gondar)
- Nerea Aragunde (Vilalonga)
- María José M. Valentín (Nantes).