A renovación dos contedores azuis para papel e cartón, en marcha
Por Redacción
Os novos contedores de reciclaxe de papel e de cartón xa comezaron a ser despregados polas rúas da cidade, segundo informa o Concello de Pontevedra.
Os operarios de Ferrovial Servicios, a empresa responsable do servizo de limpeza, levan días renovando este tipo de envases e, entre outras zonas, en rúas como Eduardo Pondal, Peregrina ou Cobián Areal xa están completas as novas illas de reciclaxe.
Estes contedores son elementos similares aos colectores verdes (orgánica e resto) e aos novos amarelos pero con tapa de cor azul. Son máis accesibles para os usuarios e teñen máis capacidade que os antigos de metal, que xa esgotaron a súa vida útil.
Mentres o servizo comeza a instalación destes novos contedores, tamén se completa o despregue dos de envases (verdes con tapa amarela) e dos de vidro (iglús verdes), un traballo que xa está moi avanzado na cidade.
Na zona urbana as illas de reciclaxe pasarán de 263 a 270 e no rural, segundo os datos municipais, multiplicaranse pasando de 50 a 175.
Relacionadas:
-
Inician unha campaña informativa sobre recollida selectiva para o comercio e hostalería do centro histórico
Por Redacción |
-
A recollida selectiva aumenta un 25% en Pontevedra ata as 249 toneladas ao mes
Por Redacción |
-
O PP retirará do centro urbano os composteiros comunitarios e os contedores se goberna en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Os socialistas esixen explicacións pola "mala recollida do lixo" durante os festivos
Por Redacción |
-
Continúa o despregue das illas de reciclaxe na cidade
Por Redacción |