A Garda Civil investiga un novo atraco a un taxista no poboado do Vao de Abaixo
Por Natalia Puga
A Comandancia da Garda Civil de Pontevedra investiga xa un novo atraco denunciado por un taxista de Poio que na noite do pasado martes 19 de febrerio fixo un servizo ao poboado chabolista do Vao de Abaixo e, ao chegar, foi asaltado polos seus dous clientes.
Os feitos ocorreron sobre as 22.00 horas. Segundo denunciou o taxista, un dos dous asaltantes púxolle un coitelo no pescozo e ameazouno para que lle entregase toda a recadación. El accedeu por medo a sufrir danos.
Tras o atracou, formalizou unha denuncia ante a Garda Civil, que abriu unha investigación para aclarar a identidade dos dous asaltantes. Un deles xa foi identificado.
Fontes próximas ao taxista atracado indicarono que os dous asaltantes xa tentaran previamente coller dous taxis nunha parada de Pontevedra, pero, ante a negativa dos condutores para levarlle ata O Vao de Abaixo, achegáronse á parada situada na avenida da Barca de Poio, onde se montaron no taxi finalmente afectado.
Este atraco súmase xa a unha longa lista de incidentes anteriores de similares características durante os últimos meses, todos eles perpetrados despois de que os clientes pedisen ao condutor que lles leva ata O Vao de Abaixo. Nalgúns, o taxista chegou a sufrir lesións e en todos quedaron sen a recadación.
Ante tal situación, xerouse unha gran preocupación entre o colectivo de taxistas.