Pedaladas reivindica a importancia do carril bici cunha 'bicifestación'
Por Diego Espiño & Diego Torrado
"Día 10, 10km e 10 motivos para bicifestarse". Así rezaba o lema da protesta convocada este domingo por Pedaladas en Pontevedra.
Tratábase dunha marcha ou 'bicifestación' coa que o colectivo pretendía reivindicar a importancia do carril bici e "visibilizar que hai moitísima xente que a día de hoxe non pode usar a bicicleta ou non pode saír cos nenos coa bici na cidade de Pontevedra", sinalou o representante da asociación Quique Pérez.
Un grupo de usuarios da bicicleta, de todas as idades, completou a marcha de 10 quilómetros deseñada polas rúas do centro da cidade. Entre eles atopábase, tal e como anunciara previamente, o portavoz do Partido Popular local, Rafa Domínguez.
Segundo Pedaladas, o carril bici "fomenta a mobilidades ciclista, permite que persoas de todas as idades e condicións físicas poden usar a bicicleta", defendeu o seu portavoz.
Entre as demandas da asociación ciclista atópase a petición dun paseo ciclista e peonil a Marín, un anel ciclista que rodee a cidade, o acougado de tráfico en Mollabao e a PO-546 ou a Vía Verde cara a Vigo, entre outras.
Pedaladas avanzou ademais que preparan outra 'bicifestación' que se realizaría "a primeira ou a segunda semana de abril", confirmou Quique Pérez.
Relacionadas:
-
Pedaladas denuncia o mal uso dos estacionamentos reservados para bicicletas, invadidos por motocicletas
Por Redacción |
-
Bicifestación para que "Pontevedra sexa unha cidade amable que permita a todas as persoas usar a bicicleta"
Por Redacción |
-
Pedaladas convoca unha 'bicifestación' para preguntarlle a Pontevedra "que pasa coa bici"
Por Alejandro Espiño |
-
Pedaladas cre que a Ordenanza de Mobilidade de Pontevedra non se aprobará neste mandato
Por Oskar Viéitez |