Investigan tres novas verteduras de pneumáticos en Poio
Por Oskar Viéitez
Axentes da Policía Local de Poio descubriron tres novas verteduras de pneumáticos. Segundo informaron fontes oficiais da Xefatura da Policía Local, unha delas localizouse nun regacho no Camiño da Bouza, outro nunha propiedade privada en Vilariño e o último no Pereiro - Casalvito.
Os axentes municipais contaron máis de 150 pneumáticos. Xa en febreiro de 2018 localizáronse varias verteduras deste tipo.
A investigación aberta para identificar os responsables deste delito ambiental traballa coa sospeita de que os pneumáticos procedan de talleres que non tratan os residuos.
Por agora non se localizou ao responsable aínda que se puido concretar que as verteduras se fixeron pola noite.
A Policía Local de Poio ten previsto realizar inspeccións nos talleres de Poio.
Relacionadas:
-
Ata 100.000 euros de multa por verteduras ilegais
Por Redacción |
-
A Policía Local de Poio busca os autores de varias verteduras ilegais
Por Redacción | Creada e actualizada
-
A Policía Local de Poio identifica varios infractores de vertidos ilegais
Por Redacción |
-
Verteduras de pneumáticos poñen en alerta á Policía Local de Poio, que sospeita de talleres ilegais
Por Diego Espiño |
-
Aparece unha vertedura de pneumáticos no espazo protexido dos Gafos
Por Oskar Viéitez |