A Policía Local de Poio identifica varios infractores de vertidos ilegais
Por Redacción
No que vai de mes a Policía Local de Poio localizou varios vertidos ilegais en diferentes lugares do municipio.
A requerimento da empresa concesionaria da recollida do lixo do municipio ou ben de oficio, a Policía formulou varias denuncias por incumprimento da ordenanza municipal. En total contabilizáronse ata 15 puntos negros de vertidos ilegais.
Un dos requerimentos foi na rúa Cabo Falcoeiro donde se procedeu a denunciar a un veciño por verter escombros ao carón dos contenedores.
Outro punto foi en Raxó, a carón da gasolinera, onde apareceron outros refugallos tirados ilegalmente. Acadouse identificar aos responsables para abrir expediente administrativo por tales feitos.
Tamén se localizaron varios pneumáticos apilados ao carón dun contenedor, identificando ao responsable.
Está completamente prohíbido tirar ou depositar escombros na vía pública. Aconséllase chamar á empresa concesionaria o número 986771185 en horario de lunes a viernes de 9:00 horas a 13 horas, para recoller calquera material voluminoso.
A Policía Local denunciará tódolos vertidos ilegais que se detecten no municipio. No caso de non saber cómo tratar o residuo, débese pedir información no teléfono da Policía Local 689575495 ou remitir un e-mail a policialocal@concellodepoio.es .