Concentración das traballadoras de Axuda no Fogar do Concello de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez
Este venres tivo lugar unha concentración diante do concello de Sanxenxo protagonizada polas traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar, en protesta "contra os abusos nas condicións de traballo que está a imponer o alcalde Telmo Martín".
Segundo explicou o secretario de organización do sindicato Comisións Obreiras, José Luis García Pedrosa, o alcalde pretende que as traballadoras teñan que estar localizadas nos días do seu descanso, e que si fose preciso, suspendan o descanso e vaian a cubrir as ausencias doutras compañeiras, sin ningún tipo de retribución compensatoria.
Además, engade Pedrosa, impón a creación dunha bolsa de horas, cando as traballadoras non poden prestar servizo por causas que non son imputables a elas, para mais tarde ter que recuperar esas horas.
Comisións Obreiras denuncia que "no estilo de Telmo Martín, tratou de imponer esa modificación das condicións de traballo sin negociación co Comité de Empresa".
Ante un conflicto colectivo presentado por esta central sindical o Xulgado do Social estimou que a modificación das condicions de traballo non era legal por non seguir as condicións establecidas no Estatuto dos Traballadores. "A pesares desta sentencia o alcalde insiste de novo coa imposición das mesmas medidas", asegura.
O secretario de organización de CC.OO. di que as medidas que pretende aplicar o alcalde son contrarias ao establecido no Convenio Colectivo do personal laboral e do Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo, "o que ven a demostrar que firmaron un Convenio que non teñen intención de respetar", e por iso as traballadoras afectadas levaron a cabo este acto de protesta.