CCOO denuncia irregularidades na contratación de bolseiros na Deputación e Carmela Silva négao
Por Diego Espiño
Comisións Obreiras (CCOO) acusou este venres á Deputación de Pontevedra de cometer unha serie de irregularidades no plan de práctica laboral posto en marcha nos últimos anos.
Asegura o sindicato que a Inspección de Traballo fallou converter en contratos indefinidos as bolsas de ata 38 traballadores, aínda que a situación poderíase estender a 200 persoas, porque "hai uns bolseiros que está a facer labores de traballador, tanto en horario como en responsabilidade", sinalou o secretario comarcal de CCOO, José Ramón Piñeiro.
"Aquí hai un marrón considerable", completou en rolda de prensa José Luis García Pedrosa preguntándose se "unha vez que acabe o prazo da bolsa, vaise despedir a estos traballadores?".
Os representantes de CCOO sinalaron que estas bolsas acaban de prorrogarse por 6 meses e que o fallo da Inspección evidencia que "hai unha necesidade de traballo" que debe ser cuberta con persoal con plenas garantías.
"ABSOLUTAMENTE FALSO" PARA A PRESIDENTA DA DEPUTACIÓN
A presidente da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, saíu ao paso destas acusacións sinalando que o denunciado "é mentira" e algo "absolutamente falso".
Ademais de sinalar que o actual plan de práctica laboral "púxoo en marcha o señor Louzán púxoo en marcha co aplauso de CCOO", Silva acusou o sindicato de ser "a correa de transmisión do Partido Popular".
Segundo o testemuño da dirixente provincial a institución que preside xa decidira cumprir co plan director de emprego digno presentado en xullo polo Goberno Central, polo que "o que imos facer é mellorar o plan e facer un novo tanto para empresas como concellos pasando de un sistema de bolsas a un sistema de contrato en prácticas que vai a ser máis garantista, con mellores salarios e con máis dereitos", un proxecto que "hai 15 días que o anunciamos", lembrou.
En canto á Inspección de Traballo, Carmela Silva asegura que están a analizar a todas as administracións de España e que, ao contrario do defendido por CCOO, "recibimos un informe da inspección decindo que non se vai a sancionar. O que di é que consideran que deberían ser contratos laborais, non que o sexan", puntualizou antes de concluír o investimento da Deputación de Pontevedra en materia de emprego "cando non temos competencias".
Relacionadas:
-
Un xulgado de Pontevedra converte a 38 ex bolseiros da Deputación en persoal laboral
Por Alejandro Espiño |
-
A Deputación rexeita entregar ao PP a acta da inspección laboral aos bolseiros por confidencialidade
Por Oskar Viéitez |
-
CC.OO. anima os bolseiros da Deputación a demandar canto antes por irregularidades no contrato de prácticas
Por Anxo Lourido |
-
Novas Xeracións acusa á Deputación de "facer falsas promesas co emprego xuvenil"
Por Oskar Viéitez |
-
O PP denuncia o impacto para a mocidade de Pontevedra da paralización do Plan de Práctica Laboral da Deputación
Por Redacción |
-
Máis de 140 novos bolseiros chegan aos concellos e á Deputación
Por Redacción |
-
A Deputación destina máis de 2 millóns de euros ao plan de práctica laboral nas institucións