O Colectivo Feminista de Pontevedra dálle unha volta á publicidade machista na súa campaña do 25-N
Por Diego Espiño
"Ata o fin das existencias". Así se titula a campaña que o Colectivo Feminista de Pontevedra levará a cabo co gallo do 25 de novembro, día internacional da eliminación da violencia contra a muller.
En concreto, o colectivo repartirá 2.000 folletos pola cidade nos que 'revisaron', desde unha óptica feminista, unha serie de anuncios publicitarios considerados claramente sexistas.
"Queremos darlle a volta a unha serie de mensaxes para ensinarlle á xente, en especial aos homes, como nos sentimos con estas publicidades", explicou na presentación da campaña Ticiana Ghiglione.
Pola súa banda a presidenta do Colectivo Feminista de Pontevedra, Patricia Sóñora, sinalou que a acción se centra "no trato humillante que sufrimos", e que desemboca en moitas ocasións en violencia, desigualdade de trato e oportunidades ou na cousificación da muller.
A campaña desenvolta con motivo do 25-N completarase o mesmo día, domingo, cunha performance que terá lugar ás 12:00 horas na Praza da Peregrina e na que se realizará unha poxa simbólica de homes como símbolo da explotación e venda do corpo das mulleres que segue presente a diario na sociedade.
Relacionadas:
-
Candeas e flores para lembrar a vítimas como Laura Luelmo e reclamar medidas que eviten os asasinatos machistas
Por Redacción |
-
A Peregrina acolle este venres un acto en lembranza de todas as vítimas da violencia machista en 2018
Por Redacción |
-
25-N en Pontevedra: Poxa simbólica de homes contra as violencias machistas
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O persoal do Complexo Hospitalario de Pontevedra amosa a súa oposición á violencia machista
Por Redacción |
-
Concentración ante a Audiencia Provincial contra a "intolerable" e "patriarcal" sentenza de Juana Rivas
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |