O PP promete un plan de emprego, un novo PXOM, crear chan industrial e unha baixada de impostos
Por Oskar Viéitez
O candidato de Partido Popular á Alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez, presentou este mércores catro medidas en materia económica que incluirá no seu programa electoral e que considera que deberían ser asumidas "lo antes posible por parte del Concello".
Explicou que son medidas "urgentes y fundamentales", froito da rolda de contactos que nos últimos meses mantivo Rafa Domínguez cos distintos axentes económicos da nosa cidade e que están encamiñadas á "creación de oportunidades" e á "atracción de empresas" para poder facer fronte ao principal problema que sofre Pontevedra: o paro.
A primeira delas supón a elaboración dun plan estratéxico de emprego que permita marcar "nuestra hoja de ruta". A seguinte para pola elaboración dun novo PXOM porque "Pontevedra necesita mirar 30 años hacia delante y no 30 años hacia atrás".
O terceiro punto refírese á creación de novo chan empresarial e industrial "de calidad" e, por último, asegura que "se debe llevar a cabo una bajada generalizada de impuestos".