A alegación dun militante do PP retrasará a paga extra de Nadal para os funcionarios municipais
Por Alejandro Espiño
A paga extra de Nadal que o Concello de Pontevedra abonará aos seus funcionarios, en contra do aprobado polo Goberno central, segue enfrontando ao bipartito local co PP. O asunto parecía resolto, logo de aprobarse no pleno, coa oposición dos populares, unha modificación de crédito de 760.000 euros para afrontar o pagamento deste complemento salarial. Pero nada máis lonxe da realidade.
Tras aprobarse en pleno, explicou o concelleiro de Facenda, Raimundo González, ábrese un periodo de quince días nas que calqueira persoa física ou xurídica pode presentar alegaciones, pero "non é habitual". Salvo nesta ocasión. Presentouse unha única alegación, segundo o edil nacionalista "aparentemente dun particular". Díxoo xusto antes de desvelar que esa alegación fora presentada o pasado 10 de outubro por "un militante do PP".
Concretamente, trátase de Iago Acuña Vieites, que segundo Raimundo González pertence á xestora de Novas Xeracións. Este movemento, cualificado polo concelleiro do BNG, como "unha actitude cobarde do PP", produciuse dixo porque os populares "non asumen o resultado do pleno e manda a un particular a alegar".
En dita alegación, este militante do PP pide a impugnación do acordo plenario ao entender que "os pagos que efectúe o Concello de Pontevedra en concepto de productividade () efectuaranse en clara fraude de lei", ao eludir o cumprimento do Real Decreto Lei 20/2012, polo que o Goberno central retirou esta paga extra aos funcionarios e empregados públicos.
Asegura que "nada se di sobre as causas que motivan este aumento da contía do complemento de productividade" e denuncia que o momento no que se pretende abonar, coincide coa data habitual da paga extra de decembro eliminada polo Goberno. ÿ un agravio comparativo, continúa Iago Acuña no seu escrito, "ao resto de funcionarios e laborais, que repulsa o principio de igualdade e a aplicación da norma".
Segundo Raimundo González, trátase simplemente de "unha manobra dilatoria" dos populares. "Que perdan coidado porque o noso compromiso cos funcionarios é firme", explicou o responsable de Facenda. "Os funcionarios xa están facendo as horas extras correspondentes polas que cobrarán ese complemento e polo tanto van cobrar eses cartos si ou si". Será no próximo pleno, o luns 29 de outubro, cando se desestime esta alegación.
"Evidentemente o que lle molesta ao PP e que considera que esta medida é discriminatoria e en todo caso, discriminatoria sería non abonala", dixo González, tras insistir nos beneficios que xerará ademais no comercio local. Este complemento pagarase aos funcionarios municipais que realicen estas horas extra xunto coa nómina de novembro.