Os socialistas reclaman ao goberno local que pague a "débeda histórica co rural"
Por Oskar Viéitez
"Ir as parroquias é como facer unha viaxe ao pasado. Nelas aínda están moi lonxe o modelo de cidade que todos queremos", indicou Tino Fernández, portavoz do grupo municipal do PSOE, tras visitar varios lugares de Bora acompañado de veciños que lle foron indicando as moitas carencias que padecen.
No seu percorrido, os socialistas puideron comprobar como as cunetas están "impracticables" polo que "os peóns teñen que camiñar pola estrada e as canalizacións de recollida de pluviais ou non existen ou están cegadas" o que provoca que as rúas "se alagan en canto caen unhas pingas".
Outras cuestións recorrentes son as denuncias polas malas condicións nas que se está prestando o servizo de limpeza e recollida de lixo.
Son queixas repítense en todas as parroquias, que "senten que son cidadáns de segunda", sinalan desde o grupo municipal do PSOE.
Por este motivo o PSOE urxe ao goberno municipal do BNG que "entenda" as necesidades do rural e asegura que "é necesario elaborar unha folla de ruta para pagar a débeda histórica co rural".
Relacionadas:
-
O PSOE contrapón a mobilización de obras do centro de Pontevedra co "abandono" da periferia
Por Oskar Viéitez |
-
Os socialistas piden un maior coidado das esculturas da cidade
Por Redacción |
-
Os socialistas denuncian que Lérez "languidece" pola falta de mantemento
Por Redacción |
-
Os socialistas denuncian a aparición dunha rata nas escaleiras do Hospital Provincial e esixen solucións inmediatas
Por Redacción |
-
Os socialistas denuncian a presenza de malos olores, fochancas e maleza en Ponte Sampaio
Por Redacción |