O BNG di que o bipartito de Sanxenxo recorre o pago á familia Rocafort para "gañar tempo ata as próximas eleccións"
Por Redacción
Para o grupo municipal do BNG no Concello de Sanxenxo, o fallo do Xurado de Expropiación de Galicia en referencia á finca Rocafort "demostra, unha vez máis, as artimañas urbanísticas típicas de Telmo Martín e que tanto caracterizan á etapa do Partido Popular no urbanismo en Sanxenxo e que derivaron, outra vez, nun expediente xudicializado, e, outra vez máis, nunha sentenza millonaria".
O Xurado de Expropiación de Galicia ven de sumar 1.253.366 euros aos xa 3.010.872 euros ditaminados en maio polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) na sentenza da finca Rocafort, facendo un btotal, de momento, de 4.264.238 euros pois queda pendente, "cousa que esqueceu intencionadamente de dicir o señor Martín", sumarlle os intereses e as costas xudiciais.
Lembra o BNG que a sentenza do Solo Urbanizable 13 (Monte Faro) foi de 3,8 millóns de euros e os intereses por esa cantidade foi de 1 millón de euros, e que esta nova sentenza é de máis de 4,2 millóns de euros e máis de 7 anos de intereses, polo que os nacionalistas calculn que a cantidade que a veciñanza de Sanxenxo terá que abonar rondará os 6,5 millóns de euros, cantidade que leva pronosticando o BNG dende o inicio de este proceso xudicial.
Dende o Bloque rexeitan que o alcalde e o goberno local lles atribúa "un falso pronóstico" de 47 millóns de euros, "ante estas mentiras temos que manifestar que ou ben o Señor Martín minte descarada e deliberadamente en relación ao BNG, cousa á que estamos acostumados, ou tristemente non coñece en absoluto o expediente da expropiación nin se preocupou de miralo, pois a valoración de 47 millóns de euros foi unha taxación presentada polos irmáns Rocafort ao propio Xurado de Expropiación, nunca foi un argumento nin pronóstico do BNG".
Para os nacionalistas "misturar estes dous feitos sen ser contrastados indica claramente o escaso interese do señor Martín por este proceso, pois os 6,5 millóns de euros non van sair do seu peto, pero denota un interese grande por querer facer política con un proceso que só o atañe a el e ao seu partido, querendo desviar á atención cara o BNG".
Sobre o recurso anunciado polo goberno local do bipartito PP+SAL é unha manobra "para poder así gañar tempo ata as próximas eleccións" e califican a Telmo Martín de ser un "especialista na arquitectura de barro, creando expectativas no aire que sempre acaban viradas e caendo sobre os veciños e veciñas de Sanxenxo en forma de sentenzas millonarias".
"Resúltanos insultante que Telmo Martín, dentro do seu caudillismo e narcisismo, queira vender como boa noticia que a indemnización de unha parcela de 2.064 metros cadrados nos custe aos veciños e veciñas de Sanxenxo máis que a construción de un novo colexio para 400 alumnos", afirma o BNG.
Relacionadas:
-
Sanxenxo reclamará a propiedade dos terreos dos Rocafort
Por Redacción |
-
O Concello de Sanxenxo recorre para non pagar pola zona verde dos Rocafort
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE reclama a Telmo Martín "que abandone a política local de forma definitiva
Por Oskar Viéitez |
-
O goberno local de Sanxenxo acusa ao BNG de ser "profeta do catastrofismo"
Por Oskar Viéitez |