Máis dun 13% das visitas a Marín durante xullo foron de estranxeiros
Por Redacción
Máis de 650 turistas procedentes de distintos puntos xeográficos visitaban este mes de xullo o municipio de Marín, segundo os datos facilitados polo goberno local atendendo ás persoas que se trasladaron a solicitar información á oficina de turismo, ao Concello e ao Museo Manuel Torres. No verán de 2017, a cifra de turistas en xullo foi de 939 persoas.
Un 65.8% dos visitantes son persoas que proceden de fóra de Galicia dentro do territorio estatal. Un 20,90% das persoas que se achegaron á vila foron galegos. E o 13,3% correspóndese con estranxeiros, procedentes de Francia, Reino Unido e Portugal, sobre todo.
Os madrileños, con case un 24% do total, converteron á súa comunidade na principal aportadora de turistas a Marín durante o mes de xullo, seguida por Castela-León e Castela-A Mancha.
Adultos de entre 35 e 60 anos, que viaxan en familias compostas por dous adultos e entre dous e tres menores, centran o perfil do visitante.
O municipio recibiu a un 84,84% de turistas, que pasan polo menos unha noite fóra da súa residencia habitual e un 15,16% de visitantes, que realizaron excursións con volta ao seu domicilio durante a noite.
A maioría das persoas aloxáronse en vivendas de aluguer (43,73%), seguido pola estancia en hoteis cun 26,85%. Un dato rechamante é que a residencia militar aparece como cuarta opción para aloxarse na vila da Escola Naval.
Por norma xeral, os turistas permanecen entre 7 e 15 días no municipio e a súa principal motivación para realizar estas visitas atópase no lecer, seguido pola cultura e eventos, entre os que se atopan as entregas dos despachos aos alumnos da Escola Naval Militar.
Relacionadas:
-
Marín conta con 822 cidadáns procedentes de 14 países comunitarios e 50 extracomunitarios
Por Redacción |
-
A ocupación hoteleira na provincia baixou en xullo respecto a 2017 situándose nun 74%
Por Redacción |
-
Destinos galegos para gozar todo o ano
Por Redacción |
-
Marín xa fai alarde de bandeiras azuis
Por Redacción |