O Club Peixe Galego dará o pregón das Festas do Carme de Marín
Por Redacción
O club Peixe Galego de Baloncesto encargarase este ano dun dos momentos máis importantes das Festas do Carmen de Marín, o pregón.
Segundo deu a coñecer a alcaldesa, María Ramallo, designouse a este club deportivo pola excelente tempada deste ano, que "fai poñer a Marín no panorama deportivo nacional, como nunca antes se obtivo".
A figura do pregoeiro das festas busca asignarse a unha persoa ou institución que senta a Marín e que achega, dentro das súas circunstancias, o seu agarimo á localidade. Nesta ocasión, en nome do club, dará o pregón o seu adestrador, Javier Llorente.
Estará acompañado dos membros da dirección do club, dos xogadores e a canteira e desde o Concello destacan que fará gozar a moitos veciños de Marín da súa influencia e da importancia destacada da presenza de Marín no deporte a nivel nacional con moitos éxitos cultivados.
María Ramallo destaca que o dlub Peixe Galego naceu desde abaixo e creceu ata contar cun excelente plantel que ano tras ano ten moito que dicir no panorama do baloncesto nacional.
Destaca tamén que lograron que as categorías de nenos que practican baloncesto crecesen de maneira exponencial e pon o foco no traballo e esforzo da xunta directiva, das súas penas, dos adestradores e do equipo, que este ano organizaron, da man da Federación de Baloncesto e do propio Concello, campionatos de España de baloncesto de diversas categorías cun éxito organizativo recoñecido pola Federación Española e Galega.
Entre os seus méritos tamén destacan desde o Concello que foron capaces de facer e conseguir unha afección importante, en todas as franxas de idade e estender un apoio deportivo cara á hostalería, o comercio e as empresas, de tal maneira que sente dentro dun cada vez máis amplo espazo de convivencia.
Relacionadas:
-
O Peixe Galego confirma a continuidade de Jorge Romero e avanza na composición do equipo
Por Redacción |
-
Reggaeton de Henry Méndez e grandes éxitos de Fernandisco DJ para festexar a calor das Festas do Carme
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Rosario, Henry Méndez e as principais orquestras galegas, atractivos das Festas do Carme
Por Redacción |
-
A volta do Peixe Galego á LEB Prata trae consigo unha ampliación da categoría
Por Redacción |
-
Javi Llorente renova por tres anos co Peixe Galego
Por Redacción |
-
Primeiro obxectivo cumprido para o Peixe Galego, campión da fase regular da Liga EBA
Por Redacción |