Arranxos en Sequelo e na Cañota
Por Redacción
O Concello de Marín anunciou a finalización dos traballos de cambio de madeira da pérgola da barriada da Cañota. Esta infraestrutura atopábase en mal estado e era necesario unha substitución.
O goberno de María Ramallo indica que se trata dunha zona moi frecuentada, non só por veciños da contorna, senón tamén por persoas de avanzada idade. Tanto os bancos como as zonas de espazo para uso común son frecuentemente utilizadas por escolares para xogar. Por este motivo foise producindo unha deterioración das instalacións, que levou a este cambio completo da madeira.
ARRANXOS NOS VALOS DAS HORTAS DE SEQUELO
Os veciños tamén demandaran a intervención dos operarios para mellorar e recuperar os valos que protexen as hortas urbanas situadas na contorna de Sequelo. Neste espazo, sinalan desde o goberno local, era necesario realizar un labor de tratamento da madeira para mellorar a súa estética. Ademais levan a cabo traballos de mantemento para que estes valos protexan e separen os distintos espazos.
Esta zona de Sequelo é moi frecuentada por viandantes que se achegan pola contorna do río para realizar paseos nestas épocas do ano.