Cada pontevedrés gastará unha media de 55 euros nas rebaixas de verán
Por Oskar Viéitez
A Federación Provincial de Comercio de Pontevedra espera un incremento do 5% nas vendas durante os meses de xullo e agosto, un aumento que ligan ao tempo asollado.
Segundo un estudo realizado por esta patronal, o gasto previsto estimado en toda a provincia de Pontevedra con motivo das rebaixas de verán, supera os 55 millóns de euros, dos que algo máis de 7 millóns corresponden á comarca de Pontevedra.
A media de gasto estimada por persoa sitúase ao redor dos 55,88 euros na comarca de Pontevedra. Na cidade, segundo esta enquisa, o gasto ascenderá a 60 euros por persoa, ata un total de 4.976.000 euros.
As rebaixas de verán nas grandes cadeas comerciais e na maioría do comercio comezan o domingo 1 de xullo e prolónganse ata primeiros de setembro.