VÍDEO.- Unha furgoneta incéndiase na rotonda da Barca provocando retencións de tráfico
Por Redacción
Un particular alertaba ás 09.00 horas deste martes 19 a través dunha chamada ao Parque de Bombeiros de Pontevedra do incendio dunha furgoneta que circulaba nas proximidades da rotonda da Barca, no municipio de Poio.
Unha dotación trasladábase ata o punto e tiveron que facer fronte ás lapas que se iniciaban na zona do mortor do vehículo, e que se propagaron ata o interior afectando á zona dos ocupantes. Non se rexistrou ningún dano persoal. Segundo a Policía Local de Poio, a orixe do incendio atópase nun fallo eléctrico.
O incendio provocou retencións de tráfico na contorna da ponte da Barca. O corte de tráfico que se levou a cabo durou arredor de 30 minutos.
Ata o lugar, ademais do dispositivo de Bombeiros de Pontevedra e da Policía Local de Poio, tamén se desprazaron axentes da Garda Civil de Tráfico.