O PP de Poio acusa o Concello de "boicotear o traballo" do ANPA do colexio Viñas
Por Redacción
A solicitude dunha reunión coa xefatura territorial da Consellería de Educación en Pontevedra por parte do Concello para trasladar a súa demanda de que se acometa unha mellora integral do colexio Viñas foi este sábado motivo de críticas do Partido Popular do municipio.
Entende o PP que este anuncio supón "unha falta de respecto ao traballo da ANPA, un intento de quitar protagonismo aos pais e unha forma de tentar disimular a falta de traballo".
Segundo a edil popular Nati Torres, o Bipartito non se preocupou polas demandas dos pais e as necesidades dos alumnos e só reaccionou "cando se produce unha reunión do portavoz do PP" cos pais este mesmo venres.
Foi entón, aseguran, cando o Concello decidiu solicitar a devandita reunión "despois de que a propia ANPA xa a solicitaba e o PP comprometeuse a axilizala", queixouse Torres.