Un milleiro de persoas participarán o sábado no Entroido de Verán de Ponte Caldelas
Por Redacción
O Entroido de Verán xuntará en Ponte Caldelas un milleiro de persoas. Será este sábado 16 de xuño, cun desfile festivo que partirá ás nove da noite desde o paseo da Calzada e rematará na Alameda.
O paseo da Calzada, lugar de concentración previa, quedará pechado a partir das 19.30 horas, segundo avanzou o goberno municipal, que destaca que se prevé duplicar a asistencia da primeira edición celebrada o ano pasado.
Na categoría de comparsas inscribíronse Os Canecos (Poio), Los Solfamidas (Campo Lameiro), Os Paparrulos (Marín), Las Flores del Carnaval (Monte Porreiro), Os da Caña (Marín), Os 100 Tolos (Poio) e, ademais, a comparsa infantil da ludoteca municipal de Ponte Caldelas.
Na categoría de grupos estarán Chegan os que faltaban (Drag Galácticos), de Vigo; As Marchosas de Arcade; As máis mellores (Asociación de Mulleres Rurais de Xustáns); Os Coribantes de Buchabade; Imos á praia, de Samieira; Ponte Caldelas Baila e Asociación La Pandilla, de Ponte Caldelas.
Ao mesmo tempo haberá numerosos participantes a nivel individual e parellas, polo que a cor e a diversión están garantidas.
Ponte Caldelas volve apostar tamén prolongar a festa cunha verbena, a cargo da orquestra Foliada, na que se invita a participar a todo o público. No curso da verbena realizarase o acto de entrega dos premios aos gañadores das distintas modalidades.
Unha das novidades será a introdución da categoría das "drag queen" que, con independencia da participación no concurso dalgunhas, tomará tamén protagonismo propio cunha actuación xusto antes da verbena no palco da Alameda. Serán catro pases que abrirán a festa ao remate do desfile e darán paso á verbena.
Ademais, Ponte Caldelas introduce unha nova categoría co premio ao mellor disfrace entre o público. A persoa que acade esta distinción obterá 75 euros.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas volve desdobrar a programación do Entroido entre inverno e verán
Por Redacción |
-
Diversión e moita cor no Entroido de Verán de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
O programa de festas de Ponte Caldelas convértese no Códice Caldelino
Por Redacción |
-
Un premio para a mellor 'drag queen', novidade para o segundo Entroido de Verán de Ponte Caldelas
Por Redacción |