Fundación Aquae estrea Aqu@bot, aplicación de intelixencia artificial especializada en cambio climático
A fundación de Viaqua, Fundación Aquae, estrea Aqu@bot, un chatbot baseado en intelixencia artificial e especializado en cambio climático que nace co propósito de aclarar as dúbidas que lle expoñan os usuarios sobre este fenómeno.
O cambio climático, como sinala a Organización Mundial da Saúde, provocará entre 2030 e 2050 unhas 250.000 mortes adicionais por ano por mor da desnutrición, a malaria, a diarrea e a tensión por calor.
Integrado na web de Fundación Aquae para que os usuarios non teñan que realizar ningunha descarga, Aqu@bot facilitará unha interacción fluída e sinxela -en castelán- con aquelas persoas que plasmen as súas dúbidas sobre o cambio climático. Este chatbot ambiental "aliméntase" das consultas dos usuarios para enriquecer e completar as súas respostas, á vez que "bebe" de multitude de fontes oficiais para ofrecer respostas cun contido actualizado e eficiente. Aqu@bot enlazará tanto a contidos propios de Fundación Aquae como a externos, segundo as necesidades de cada usuario.
Aqu@bot enmárcase dentro do compromiso de Fundación Aquae co cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), concretamente co ODS 13 (adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos).
Segundo sinala Mariola Urrea, presidenta do Consello de Estratexia e Supervisión de Fundación Aquae, "non podemos esquecer que o cambio climático está a alterar o ciclo da auga –incluídas as precipitacións-, a humidade do chan, a evaporación e a temperatura da mesma. A media que cambia o clima, tamén cambian os recursos hídricos sobre os que se basean as nosas sociedades e economías. E, por tanto, a nosa relación coa auga tamén se verá afectada".
Aqu@bot programouse para que sexa capaz de responder, non só a cuestións xerais do tipo "como afecta o cambio climático á nosa saúde?", "son certas as teorías de Al Gore?" ou "como inflúe o cambio climático na auga?", senón tamén a preguntas máis específicas como "cal é a función do Grupo Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC)?" ou "cantos graos subirá a temperatura en España?".
"Aqu@bot, que permite contar con atención personalizada mediante chat as 24 horas os 7 días da semana, achega inmediatez; é garantía de autenticidade, xa que usamos aquilo que ás persoas resúltanos máis natural para interactuar na vida real, a linguaxe; accesibilidade, cunha interface moito máis cómoda e intuitiva; e eficiencia, xa que o usuario consegue máis con menos", explica Urrea.
'COMUNIDADE POLO CLIMA': TODOS E AGORA
En liña co seu obxectivo de traballar para conseguir o ODS 13, Fundación Aquae acaba de sumarse á 'Comunidade Polo Clima', un grupo de acción creado a finais de 2016 para conseguir que España alcance o compromiso de redución de emisións que recolle o Acordo de París de 2015. Tras a XXI Conferencia das Partes da Convención Marco das Nacións Unidas sobre Cambio Climático (COP21), o Acordo de París marcou unha meta clara: manter o incremento da temperatura global por baixo dos 2 °C respecto da era preindustrial e proseguir os esforzos para limitalo a 1,5 °C. Un reto co que se comprometeron máis de 55 países (estas nacións suman máis do 55 % das emisións globais de gases de efecto invernadoiro).
Comunidade #PorElClima pon en marcha accións e plans climáticos para facer fronte ao quecemento global coa vista posta en 2020, cando entran en vigor os compromisos de redución por país recolleitos no Cume de París. Esta iniciativa público-privada fai fincapé en dous das grandes claves na loita contra o cambio climático: a necesidade dunha actuación global e que esta sexa inmediata.
A contribución de Fundación Aquae ao ODS 13 concrétase en diversas iniciativas, sendo a máis destacada o proxecto Sementando O2. Baixo este "paraugas", Fundación Aquae leva a cabo proxectos de reforestación, plantacións para compensar as emisións de CO2 xeradas pola actividade da fundación e o Rexistro da Pegada de Carbono no MAGRAMA. Precisamente en 2017 Fundación Aquae foi a primeira fundación en España en recibir o Selo de Rexistro de Pegada de Carbono, Compensación e Proxectos de Absorción de CO2.