Veciños de Bora piden a mediación de Lores ante as obras dunha rotonda que os deixa sen accesos ás súas casas
Por Natalia Puga
As obras de construción dunha rotonda na estrada N-541 á altura do cruzamento a estrada Carballedo- Xeve están a dar máis que quebradizos de cabeza aos veciños da parroquia pontevedresa de Bora, pois sosteñen que está a deixar a algún deles sen acceso directo á súa propiedade, inclúe un sistema de recollida de augas pluviais "inadecuado" e a un propietario leváronlle un hórreo sen saber onde.
A obra promóvea o Ministerio de Fomento, pero, unha vez que constaron que desatenden as súas peticións, os veciños decidiron acudir ao Concello de Pontevedra para pedir ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, que "medie" e "colabore" para buscar unha "solución" aos problemas orixinados polos traballos.
Os afectados deixan claro que non están en contra da construción dunha rotonda que "en principio, e dada a súa localización, non tería que xerar inconveniente algún", senón que o seu desgusto é por como se está executando, sen terlles en conta como afectados.
A asociación de veciños parroquia de Bora, a través do seu presidente, José Manuel González Viéitez, presentou un escrito no rexistro municipal no que relata os tres problemas principais que lles está ocasionando a obra e aspira a conseguir axuda do alclade para "achar solución, da mellor forma posible" aos mesmos.
En primeiro lugar, explican que as obras se están realizando "sen ter en conta os acceso ás propiedades da súa contorna", deixando estas sen entrada ou cunha entrada pola que é imposible acceder, dada a altura que alcalza a obra. Os veciños xa protestaron ante Fomento por esta situación, pero desatendéronse as súas peticións.
Á vista da "présa" coa que que se está executando a obra, temen que en breve estará ejectada e os veciños quedarán sen acceso ou cunhas entradas enterradas pola rotonda ás que será practicamente imposible acceder, de modo que consideran que é o momento de elevar as súas queixas a outras administracións.
O segundo poblema que detectaron afecta ao sistema de recollida de augas fluviais, que ven "inadecuado" dada a cantidade de auga que conflúe na zona durante os meses de inverno. Segundo explican, a esa zona vai parar todo a auga que baixa do monte durante o inverno e a experiencia de tantos anos como veciños da parroquia lévalles a pensar quedará alagada desde novembro a abril, "no mellor dos casos".
Un veciño ten o terceiro dos problemas. Con motivo destas obras desfíxose un hórreo que estaba na zona afectada pola rotonda e ninguén lle informou "do seu paradoiro nin da súa futura localización".